Kogito + Vacalouras

20/09/2013

Kogito + Vacalouras (Eventos, Eventos Pasados, Eventos Proximos)

admin

20/09/2013 - 20/09/2013

10:30pm – 2:00am

Masterclub

Categories: , ,

Kogito – Ska feito na Galiza é unha banda que nace en 1999 en Vigo e que, como o seu nome indica, ten o seu centro de gravidade musical no ska e no rock visto e entendido dende Galiza.
Durante todos estes anos a banda mudo en componentes e estilo musical pero o espírito segue sendo o mesmo, compromiso e festa. Gañas de pasalo ben e comunicar sen esquecer a reivindicación e poñendo o acento no uso do galego como o noso máis importe sinal de identidade. Dous Ep’s en 2005 e 2006 respectivamente abriron o camiño acara o noso 1º LP “Autómatas” de 2009 que plasmou anos de traballo e de actuación por todo o estado en centos de concertos e nalgúns de festivais más importantes do circuito. Novos tempos e nos traballos levan a traballar arreo e a que neste 2013 esperempos voltar con máis forza se cabe ao estudo para editar algo novo a comezo de 2014. Ska, Rock, Reggea, Cumbia e demáis estilos feitos na Galiza compoñen esta mistura que significa Kogito – Ska feito na Galiza.

Os Vacalouras xa estan aqui e chegan para quedarse co seu pataca´nroll :
Son 4 os anos que levamos pervertindo á xente co noso estilo, nomeado por nos mesmos como o Pataca’n’ Roll (un Punk Rock sen fronteiras, reforzado pola ghaita e con letras profundas como «Trillei a Pirola ca tapa do Vater» ou «A Cona de Ramona»). Ó longo da nosa humilde traxectoria participamos en diversos concursos e tocamos en varios festivais tanto dos barrios próximos coma doutros lares de G…halisia, (Arde Rande, Malaherba Rock, Revoltallo, As Burgas, Oubeade, etc). O 12 de Agosto de 2011 veu a luz o noso primeiro CD. Este traballo, se se lle pode chamar así, foi bautizado como «Xa están Aquí» e foi totalmente autoproducido e autograbado no noso estudio/bodegha (tamen coñecido como «Vaccueva»).